PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2018 – EXPOS. PÚBLICA E COBRANZA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO EXERCICIO 2018

MAIO 2018 – EXPOS. PÚBLICA E COBRANZA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO EXERCICIO 2018

EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO EXERCICIO 2018

Aprobados pola Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra — ORAL os padrón do Imposto sobre vehiculos de tracción mecanica (IVTM) do exercicio 2018, poranse ó dispor do público no Concello de CAMBADOS, dende o día 4 de abril ao 4 de maio de 2018, ambas as datas incluídas, podendo os interesados examinalos durante o dito período e, no seu caso, presentar dende ó 5 de maio ata o día 6 de xuño de 2018, recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo perante a Tesouraría do ORAL — Deputación Provincial de Pontevedra (artigo 24 de Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais —ORAL- da Deputación de Pontevedra, BOP de Pontevedra de 30/04/2013, e artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais).

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva, ó abeiro do artigo 102 da Lei 58/2003 xeral tributaría.

COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA DO EXERCICIO DO 2018

De conformidade co previsto no artigo 25 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais — ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de  2005, comunicáselles ós contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza Imposto sobre vehiculos de tracción mecanica (IVTM) do exercicio 2018, para o Concello de CAMBADOS, será do 6 de abril ao 6 de xuño de 2018, ámbalas dúas datas inclusive, rematando o dia 6 de xuño de 2018.

O Imposto poderán satisfacerse a través de calquera entidade bancaria colaboradora, na Oficina Virtual Tributaria (OVT) do ORAL (http://oral.depo.es/) ou a través de calquera modo autorizado legalmente, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán ó domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. No caso de perda do devandito instrumento o obrigado ó pagamento poderá, ata o día 6 de xuño de 2018, obter un duplicado nos Servizos Centrais – Servizo de Recadación (Avda. de Marín, 9-11. Telf. 986 859 993. – 36071 Pontevedra) ou na Oficina Periférica máis próxima ó seu domicilio.

Os contribuíntes que o dia 15 de maio de 2018 non recibiran nos seus domicilios os instrumentos de ingreso disporán de prazo ata 0 6 de xuño de 2018 para os solicitar na oficina indicada e efectuaren o pagamento nas entidades bancarias colaboradoras, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento nin impide a utilización da vía de prema.

O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter satisfeita a débeda determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción da recarga correspondente e demais conceptos esixibles, tal e como se fixa no art. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 xeral tributaria.

ANUNCIO DE EXPOSICION PUBLICA E COBRANZA DO IMPOSTO DE TRACCION MECANICA DO EXERCIO 2018