PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MAIO 2018 – EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DAS TAXAS E, PREZOS PÚBLICOS

MAIO 2018 – EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DAS TAXAS E, PREZOS PÚBLICOS

ANUNCIO CONCELLO DE CAMBADOS

EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DAS TAXAS E, PREZOS PÚBLICOS POR:

  • Entrada de Vehículos, Letreiros, Escaparates, Vados, Elementos de Construción Pechados, Balcóns, Terrazas e Marquesiñas, Toldos,  Paraventos e semellantes do 2º Cuadrimestre 2018.
  • Caixeiros Automáticos, Licencia de Taxi, Ocupación Vía Pública e Quioscos do 2017.
  • Recollida Lixo do 2º Cuadrimestre 2018.
  • Aprobados pola Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra — ORAL os padróns das Taxas e Prezos Públicos detallados no encabezamento, poranse ó dispor do público no Concello de CAMBADOS, dende o día 04 de maio ao 01 de xuño de 2018, ambas as datas incluídas, podendo os interesados examinalos durante o dito período e, no seu caso, presentar no prazo dun mes dende ó 04 de Xuño de 2018, recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo perante a Tesouraría do ORAL — Deputación Provincial de Pontevedra (artigo 24 de Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais —ORAL- da Deputación de Pontevedra, BOP de Pontevedra de 30/04’2013, e artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais), Contra a repercusión, no seu caso, do canon da auga ou saneamento e coeficiente de vertedura da Xunta de Galicia, poderá interpoñerse reclamación económica-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende ó 04 de xuño de 2018.O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva, ó abeiro do artigo 102 da Lei 58/2003 xeral tributaría.

    De conformidade co previsto no artigo 25 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais — ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de  2005, comunicáselles ós contribuíntes afectados que o período voluntario de cobranza das Taxas e Prezos Públicos indicadas, para o Concello de CAMBADOS, será do 4 de maio ao 4 de xullo de 2018, ámbalas dúas datas inclusive, rematando o dia 04 de xullo de 2018.

    As Taxas poderán satisfacerse a través de calquera entidade bancaria colaboradora, na Oficina Virtual Tributaria (OVT) do ORAL (http://oral.depo.es/) ou a través de calquera modo autorizado legalmente, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán ó domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. No caso de perda do devandito instrumento o obrigado ó pagamento poderá, ata o día 04 de xullo de 2018, obter un duplicado nos Servizos Centrais – Servizo de Recadación (Avda. de Marín, 9-11. Telf. 986 859 993. – 36071 Pontevedra) ou na Oficina Periférica máis próxima ó seu domicilio.

    Os contribuíntes que o dia 15 de xuño de 2018 non recibiran nos seus domicilios os instrumentos de ingreso disporán de prazo ata 0 04 de xullo de 2018 para os solicitar na oficina indicada e efectuaren o pagamento nas entidades bancarias colaboradoras, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento nin impide a utilización da vía de prema.

    O vencemento do prazo en período voluntario, sen ter satisfeita a débeda determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción da recarga correspondente e demais conceptos esixibles, tal e como se fixa no art. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 xeral tributaria, Dito  procedemento executivo, no caso do canón da auga ou saneamento ou coeficiente de vertedura será levado  a cabo pola a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.