PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2018 – ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE “SOTERRAMENTO DE LIÑA DE BAIXA TENSIÓN NA RÚA REAL”

MARZO 2018 – ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE “SOTERRAMENTO DE LIÑA DE BAIXA TENSIÓN NA RÚA REAL”

Por resolución desta Alcaldía, de data 28/03/2018, adxudicouse o contrato das obras de “SOTERRAMENTO DE LIÑA B.T. NA RÚA REAL”, á empresa “COTO DE UZ, PROYECTOS Y OBRAS, S.L.”, por importe de sesenta e catro mil novecentos sesenta e sete euros (64.967,00 €) e trece mil seiscentos corenta e tres euros con sete céntimos (13.643,07 €) de IVE, totalizando un importe de setenta e oito mil seiscentos dez euros con sete céntimos (78.610,07 €), cunha baixa de 32.303,03 € sobre o prezo de licitación.
As mencionadas obras fináncianse ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.

O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP, polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno e polo establecido na Base décimo quinta das Reguladoras do Plan Concellos 2016.

En Cambados. Asinado electronicamente.

DECRETO RESOLUCIÓN ALCALDÍA ADXUDICACIÓN

Leave Your Comment Here

*