PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • MARZO 2018 – BASES SELECCIÓN DE 24 TRABALLADORES CON CAGO O PLAN DE CONCELLOS 2018

MARZO 2018 – BASES SELECCIÓN DE 24 TRABALLADORES CON CAGO O PLAN DE CONCELLOS 2018

BASES PARA A SELECCIÓN DE 24 TRABALLADORES/AS DE DIVERSAS CATEGORIAS E PARA DISTINTOS DEPARTAMENTOS E SERVICIOS MUNICIPAIS, CON CAGO O PLAN DE CONCELLOS 2018 (LIÑA 3.- Emprego para conservación de bens e servizos municipais). DA EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA.

No BOP.- nº 2, do 3 de Xaneiro de 2018 a Deputación de Pontevedra publicou as Bases Reguladoras da Concesión de axudas e subvencións para a execución do Plan Concellos 2018-2019, a que se acolleu este Concello.

Por Acordo da Xunta de Goberno da Excma. Deputación de Pontevedra en sesión celebrada o dia 2 de Febreiro de 2018, concedeu a este Concello unha subención para a contratación de 30 traballadores con cargo o referido plan e concretamente ó abeiro do disposto na Liña 3.- Emprego para a conservación de bens e servizos municipais.

Vista a resolución de 29 de xuño de 2015 no que se acorda delegar as competencias da Alcaldía na Xunta de Goberno Local é polo que a Xunta de Goberno por unanimidade ACORDA:

Aprobar as bases que rexirán a contratación, de 24 traballadores, demandantes de emprego con carácter laboral temporal cun contrato por obra ou servicio de interese social

BASES PARA A SELECCIÓN DE 24 TRABALLADORES DE DIVERSAS CATEGORIAS E PARA DISTINTOS DEPARTAMENTOS E SERVICIOS MUNICIPAIS CON CAGO O PLAN DE CONCELLOS 2018