PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2018 – LISTA DE OCUPACIÓNS PLAN CONCELLO 2018

FEBREIRO 2018 – LISTA DE OCUPACIÓNS PLAN CONCELLO 2018

O Concello de Cambados vai contratar un total de 24 persoas desempregadas neste exercicio mediante o Plan de Obras e Servicios (Plan Concellos) 2018.

O Plan de Emprego, incluído na liña 3 do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2018, permite destinar un total de 215.155,76 € na contratación de desempregados para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, a través da prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral e social, e por outra banda a inserción dos colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo, propiciado pola actual crise económica, vítimas de violencia de xénero, candidatos maiores de 45 anos, candidatos que formen unha familias monoparentais con fillos a cargo, persoas candidatas con renda máis baixa, e persoas candidatas con cargas familiares.

As traballadoras e traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.

Os traballadores serán seleccionados mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio do concello de Cambados.

O concello será quen realice a selección definitiva dos candidatos, a través dos funcionarios municipais e de conformidade coa normativa aplicable, na forma prevista e segundo os criterios sinalados na orde destas axudas onde se vai priorizar a inclusión de desempregados en colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo, e a remuneración respectara en todo caso o salario mínimo interprofesional que se atope en vigor en cada momento. Vaise contratar mediante este plan:

LISTA DE OCUPACIÓNS

Todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir as distintas prazas que o Concello vai ofertar o abeiro da subvención con cargo o plan de concellos 2018 (liña 3.- emprego para conservación de bens e servizos municipais). Da excma. Deputación provincial de Pontevedra, xa que as ofertas van ser presentadas na Oficina de Emprego de Cambados o vindeiro Luns 26 de Febreiro polo departamento de Persoal do Concello de Cambados, deberán inscribirse nas ocupacións seguintes:

DEPARTAMENTO DE OBRAS E INFRAESTRUCTURAS

Detección de vertidos incontrolados, actuacións para a  recuperación de sendas, con desbroces, limpeza de sendas e camiños, e mantemento de mobiliario urbano, colocación de sinalizacións e instalación doutros (paleiras, puntos de observación, bancos etc.)

Mantemento en edificios de titularidade municipais, (colexios, centros culturais, centros deportivos, pavillóns, etc),  consistentes en traballos de fontanería, electricidade, pintura, etc.

Limpeza e mantemento viario, recuperación de vías de pedra coa reposición do adoquinado, pintura de beirarrúas, mobiliario urbano, mantemento e limpeza de instalacións de titularidade  municipal, ou centros que o mantemento sexa de competencia municipal centros culturais, biblioteca, museos, colexios etc.

  • Posto: Varredores

Ocupación: Varredores (94431016)

Número de postos: 4

Xornada:  35 horas semanais

Duración: 01/03/2018 ata 30/11/2018

Requisitos: Traballo en Fins de Semana

 

  • Posto: Operario Mantemento / Electricista

Ocupación: Electricista (75211071)

Número de postos: 1

Xornada:  35 horas semanais (fins de semana)

Duración prevista: 01/03/2018 ata 30/11/2018

Requisitos: Traballo en Fins de Semana e Coñecementos en Electricidade

 

  • Posto: Operario Mantemento / Fontaneiro

Ocupación: Fontaneiro (75211012)

Número de postos: 1

Xornada:  35 horas semanais (fins de semana)

Duración prevista: 01/03/2018 ata 30/11/2018

Requisitos: Traballo en Fins de Semana e Coñecementos en fontanería

 

  • Posto: Operario Mantemento / Albanel

Ocupación: Albanel (71211015)

Número de postos: 2

Xornada:  35 horas semanais (fins de semana)

Duración prevista: 01/03/2018 ata 30/11/2018

Requisitos: Traballo en Fins de Semana e Coñecementos en Albanelaría

 

  • Posto: Condutor Mini-pala

Ocupación: Condutor – Operador de Maquinaria de Vía (83311121)

Número de postos: 1

Xornada:  35 horas semanais (fins de semana)

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Traballo en Fins de Semana e Carné de conducir

 

  • Posto: Arquitecto Técnico

Ocupación: Arquitecto Técnico (24811013)

Número de postos: 1

Xornada:  25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Titulación en Arquitectura Técnica

 

DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

Auxiliares de apoio, servizo de apoio nas tarefas de Intervención, Contabilidade, Rexistro, Xestión Documental, Control Orzamentario, Asesoramento fiscal sobre as bonificacións existentes o contribuínte, Apoio no departamento de Promoción Económica, así como apoio na Oficina Municipal  de Atención ó Consumidor, Xuventude e Igualdade, etc…

Traballador/ras Sociais, para reforzo nos servicios municipais debido o gran número de usuarios do mesmo, que actualmente están a sufrir un retraso na súa atención debido a falta de persoal e o aumento da demanda.

 

  • Posto: Auxiliar de Contabilidade

Ocupación: Empregado Administrativo de Contabilidade en Xeral (41111011)

Número de postos: 1

Xornada:  25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Ciclo formativo en xestión administrativa ou titulación superior

 

  • Posto: Auxiliar de Intervención

Ocupación: Empregado de Xestión Financeira de Empresas (41131042)

Número de postos: 1

Xornada:  25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Ciclo formativo en xestión administrativa ou titulación superior

 

  • Posto: Auxiliar Promoción Económica

Ocupación: Axente de Desenvolvemento Local (37131014)

Número de postos: 1

Xornada:  25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Ciclo formativo medio ou titulación superior relacionado co posto

 

  • Posto: Auxiliar de Xuventude

Ocupación: Empregado Administrativo con tarefas de atención ao público no clasificados baixo outros epígrafes (45001019)

Número de postos: 1

Xornada:  25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Ciclo formativo medio ou titulación superior relacionado co posto

 

  • Posto: Auxiliar de Rexistro

Ocupación: Empregado Administrativo con tarefas de atención ao público no clasificados baixo outros epígrafes (45001019)

Número de postos: 1

Xornada:  25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Ciclo formativo medio ou titulación superior relacionado co posto

 

  • Posto: Auxiliar de Igualdade

Ocupación: Promotores de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes (37141017)

Número de postos: 1

Xornada:  25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Ciclo formativo medio ou titulación superior relacionado co posto

 

  • Posto: Traballador/ra social

Ocupación: Traballador/ra social (28241065)

Número de postos: 2

Xornada: Unha con xornada de 35 horas semanais e outra con xornada de 25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Grado en Traballo Social

 

DEPARTAMENTO DE CULTURA

 

Nestes últimos anos a oferta de actividade culturais, e servizos veuse incrementado significativamente, estanse a levar a cabo unha gran cantidade de actividades, tales como actividades dirixidas a nenos, exposicións, plan madruga, cursos, actuación culturais, ludotecas, etc… polo que é necesario o reforzo do persoal do Concello debido tamén o incremento de usuarios.

  • Posto: Auxiliar de cultura

Ocupación: Monitor de Servizos á Comunidade (37151047)

Número de postos: 4

Xornada:  Dúas con xornada de 35 horas semanais e outras dúas con xornada de 25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Ciclo formativo medio ou titulación superior relacionado co posto

 

DEPARTAMENTO DE MEDIOAMBIENTE

 

Eliminación de vertidos incontrolados poñéndose en marcha actuacións para a  recuperación de sendas, con desbroces, limpeza tamén de camiños,  mantemento de mobiliario urbano, colocación de sinalizacións e instalación doutros (papeleiras, puntos de observación, bancos, xestión do punto limpo, catalogación e adopción de medidas para a erradicación de especies invasoras).

 

Campañas de concienciación medioambiental, consistentes en charlas informativas a poboación, nenos en idade escolar, carteis informativos, adquisición de contadores e reposición de contedores existentes.

Colaboración co refuxio de animais, tanto na aportación de persoal para a recollida de animais, así  como nas distintas campañas informativas e de concienciación social.

 

  • Posto: Técnico de Medioambiente

Ocupación: Técnico de Medioambiente (31291189)

Número de postos: 1

Xornada:  35 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Ciclo Superior en Química ambiental ou Título superior

 

  • Posto: Laceiro / Recolledor de cans

Ocupación: Coidador de animais (58931026)

Número de postos: 1

Xornada:  25 horas semanais

Duración prevista: 01/03/2018 ata 31/12/2018

Requisitos: Traballo en Fins de Semana e Carné de conducir