PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

FEBREIRO 2018 – ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN 22/01/2018. SOTERRAMENTO LIÑA BT RÚA REAL

En documento adxunto únese a Acta da Mesa de Contratación, celebrada o pasado 22 de xaneiro de 2018, relativa á apertura dos SOBRES B), ofertas económicas presentados polas empresas que tomaron parte na licitación das obras de “SOTERRAMENTO DE LIÑA DE BAIXA TENSIÓN NA RÚA REAL”. Acta Mesa

FEBREIRO 2018 – CONVOCATORIA DA MESA DE CONTRATACIÓN

Pola presente convócase aos membros da MESA DE CONTRATACIÓN, para o vindeiro día 19 de febreiro de 2018 (luns), ás 13.30 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, en relación co expediente de contratación das obras de “SOTERRAMENTO DE LIÑA B.T. NA RÚA REAL (CAMBADOS)”, co seguinte ORDE DO DÍA:  ÚNICO.- Dar conta do informe do Técnico Municipal. […]