PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2018 – EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

FEBREIRO 2018 – EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS

ANUNCIO
CONCELLO DE CAMBADOS
EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS POR:

Recollida Lixo do 1º Cuadrimestre 2018.
Letreiros, Entrada de Vehículos, Escaparates, Vados, Elementos de Construción Pechados, Balcóns, Terrazas e Marquesiñas, Toldos, paraventos e semellantes do 1º Cuadrimestre 2018.

Aprobados pola Tesourería da Deputación Provincial de Pontevedra — ORAL os padróns das Taxas e Prezos Públicos detallados no encabezamento, poranse ó dispor do público no Concello de CAMBADOS, dende o día 05 de febreiro ao 02 de marzo de 2018, ambas as datas incluídas, podendo os interesados examinalos durante o dito período e, no seu caso, presentar no prazo dun mes dende o 05 de marzo de 2018, recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo perante a Tesourería do ORAL — Deputación Provincial de Pontevedra (artigo 24 de Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais —ORAL- da Deputación de Pontevedra, BOP de Pontevedra de 30/04/2013, e artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais). Contra a repercusión, no seu caso, do canon da auga ou saneamento e coeficiente de vertedura da Xunta de Galicia, poderá interpoñerse reclamación económica-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende o 05 de marzo de 2018.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva, ó abeiro do artigo 102 da Lei 53/2003 xeral tributaria.
De conformidade co previsto no artigo 25 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais — ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria e cos afligos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunicaselles ós contribuintes afectados que o periodo voluntario de cobranza das Taxas e Prezos Públicos indicadas, para o Concello de CAMBADOS, será do 05 de febreiro ao 05 de abril de 2018, ámbalas dúas datas inclusive, o día 05 de abril de 2018.

As Taxas poderán satisfacerse a través de calquera entidade bancaria colaboradora, na Oficina Virtual Tributaria (OVT) do ORAL (http://oral.depo.esn ou a través de calquera modo autorizado legalmente, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán ó domicilio declarado do contribuinte por correo ordinario. No caso de perda do devandito instrumento o obrigado ó pagamento poderá, ata o día 05 de abril de 2018, obter un duplicado nos Servizos Centrais – Servizo de Recadación (Avda. de Marín, 9-1 1. Telf. 986 859 993. – 36071 Pontevedra) ou na Oficina Periférica máis próxima ó seu domicilio.

Os contribuíntes que o día 15 de marzo de 2018 non recibiran nos seus domicilios os instrumentos de ingreso disporán de prazo ata o 05 de abril de 2018 para os solicitar na oficina indicada e efectuaren o pagamento nas entidades bancarias colaboradoras, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento nin impide a utilización da via de prema.

PADRON EN FORMATO DIXITAL DAS TAXAS E PREZOS PUBLICOS, DE LETREIROS, ENTRADA DE VEHICULOS E OUTROS. E RECOLLIDA DE LIXO DO 1º CUADRIMESTRE 2018