PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2018 – ANUNCIO LICITACIÓN OBRA CONSERVACIÓN DO PAZO DE TORRADO E SALA DA NAVE DE PEÑA

FEBREIRO 2018 – ANUNCIO LICITACIÓN OBRA CONSERVACIÓN DO PAZO DE TORRADO E SALA DA NAVE DE PEÑA

Por medio da presente infórmase que se procede á licitación do contrato menor das obras de “CONSERVACIÓN DO PAZO DE TORRADO E SALA DA NAVE DE PEÑA“.

Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 21 de febreiro de 2018 (mércores)en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunicalo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal

Deberán aporta-la documentación seguinte:
SOBRE ADe conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B: Conterá a oferta económica.

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

O Concello solicitou unha subvención de 11.831 euros á Diputación de Pontevedra para executar estes traballos de rehabilitación en Pazo Torrado e na Nave de Pena por problemas de humidade. Segundo o proxecto, as actuacións duraran un mes e non afectarán á estrutura dos inmobles. Tratanse de pequenas actuacións de mellora. No caso de Torrado substituirase a tarima flotante de madeira, que se atopa en mal estado de conservación pola humidade e o desgastar excesivo en zonas de circulación.

O proxecto tamén contempla a aplicación de pintura plástica antifungos de características similares á existente e que se ha estropeado como consecuencia dos cadros colocados nas exposicións artísticas que acolle esta instalación. De feito, tamén se instalarán paneles de madeira para evitar danos deste tipo. Pola súa banda, na planta baixa e o acceso desde o xardín sanearanse as paredes e aplicarase un enlucido de xeso e pintura plástica logo de tratalas. E á vista do estado das fiestras, onde se detectou unha falta de selado en moitas e cristais rotos,  procederase a arranxar esta situación. Tamén se actuará na bodega do pazo, dispoñendo vidros de forma de que se permita unha ventilación natural co obxectivo de diminuír a humidade do mesmo.

En canto á nave de congresos e exposicións de Peña, situada no barrio de San Tome, tamén hai problemas con filtraciones de auga e actuarase na segunda planta, na sala onde se realizan as degustacions e ofrécense actividades para un público máis reducido. Ademais instalarase unha peza de granito sobre a barra de taboleiros que hai actualmente co obxectivo de ofrecer unha mellor e máis ampla utilización dá sala, é tamén unha mellor conservación do mobiliario, tendo en conta que este pódese ver afectado polas situacións accidentais de caídas de auga ou líquidos sobre el.

PRESUPOSTO DAS OBRAS:
Segundo o importe sinalado no proxecto redactada polo Arquitecto Municipal, ascenden a:

DENOMINACIÓN Total 21% IVE TOTAL CONTRATA
CONSERVACIÓN DO PAZO DE TORRADO E SALA DA NAVE PEÑA 9.777,81 € 2.053,34 € 11.831,15 €

FINANCIAMENTO.
O presente contrato financiaranse integramente con cargo ao Plan de Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico-Cultural 2017,  da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

FORMA DE PAGO
A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:
O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.
Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

  • Código da oficina contable: L01360062 – OC
  • Código do órgano xestor: L01360062 – OG
  • Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZO DO CONTRATO.
1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

PUBLICIDADE
Os gastos dos carteis de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:
O único criterio será o do menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.
A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.

FIANZA
O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

En Cambados, a 5 de febreiro de 2018.

DOCUMENTACIÓN:

MODELO DECLARACIÓN ART. 146

MODELO OFERTA ECONÓMICA

MEMORIA VALORADA DAS OBRAS