PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • FEBREIRO 2018 – ADMISIÓN E SELECCIÓN DE PROXECTOS EMPRESARIAIS NO VIVEIRO DE EMPRESAS

FEBREIRO 2018 – ADMISIÓN E SELECCIÓN DE PROXECTOS EMPRESARIAIS NO VIVEIRO DE EMPRESAS

Providencia do Concelleiro Delegado de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica

Que de conformidade co disposto no Capítulo Segundo: Admisión e selección de proxectos empresariais, da Ordenanza reguladora do centro de desenvolvemento local do Concello de Cambados, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 24/09/2015, publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o día 25/01/2016 e, visto o informe emitido polo Técnico deste Concello de resultados da fase de admisión de proxectos empresariais para o viveiro de empresas do centro de desenvolvemento local do Concello de Cambados.

Que por Resolución de Alcaldía de data, 29.06.2015 de conformidade cos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 43 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, delegouse no Concelleiro, D. Xurxo Charlín Trigo, as competencias atribuídas á alcaldía en materia de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica.

Providencia do Concelleiro Delegado de Economía, Facenda Solicitude Viveiro de Empresas