PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2018 – ANUNCIO OFERTA DE EMPREGO PUBLICO

XANEIRO 2018 – ANUNCIO OFERTA DE EMPREGO PUBLICO

ANUNCIO

Asunto: CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL DOCENTE PARA A IMPARTICIÓN DE CURSOS CON CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE.

Con data de 29 de xaneiro de 2018 a Alcaldesa do Concello de Cambados, mediante resolución, acordou por avocación aprobar as Bases e a convocatoria para a contratación de persoal docente para impartir o módulo da acción: Operacións básicas de restaurante e bar.

Presentación de solicitudes, data e horario: Instancia dirixida á Alcaldesa, durante o prazo de 5 días naturais en modelo que se facilitará no Rexistro Xeral da Corporación a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio en horario de 9,00 a 14,00 horas. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Bases e convocatoria: Pódense consultar na Secretaría Xeral do Concello, e no portal de transparencia (transparenciacambados.gal)

En Cambados a 29 de xaneiro de 2018.

DECRETO 2018 – Decreto bases Docente Operacións Básicas de Restaurante Bar