O pasado mes de decembro e novembro producíronse en Galicia temporais de intensidade media que estaban previstos polos institutos de metereoloxía.
Como consecuencia dos mesmos, moitas instalacións de distribución eléctrica ao longo do país sufriron incidencias que deixaron sen servizo a moitas persoas durante horas, no caso de Cambados foron máis de 5.000 usuarios no pasado mes de decembro e 7.000 en novembro na comarca do Salnés.
Estes inxustificados cortes provocaron innumerables e cuantiosos prexuízos persoais e económicos á cidadanía e as empresas, agravados polo feito de que ademais adoitan implicar a caída da rede de telefonía e internet.