PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2018 – APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO INTERNO DA ACCIÓN VOLUNTARIA

XANEIRO 2018 – APROBACIÓN INICIAL REGULAMENTO INTERNO DA ACCIÓN VOLUNTARIA

ANUNCIO

REGULAMENTO INTERNO DA ACCIÓN VOLUNTARIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o 30 de marzo de 2017, acordou aprobar inicialmente o Regulamento Interno da Acción Voluntaria do Concello de Cambados. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, ábrese un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias.

No caso de que non se presentase ningunha reclamación ou suxerencia, entenderáse definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, entrando en vigor no prazo dun mes a contar dende a publicación do texto íntegro.

En Cambados a 11 de xaneiro de 2018.