PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2018 – ANUNCIO DO SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS AGRARIAS DE PONTEVEDRA

XANEIRO 2018 – ANUNCIO DO SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS AGRARIAS DE PONTEVEDRA

ANUNCIO, do Servizo de Infraestructuras Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación das Bases de Reestruturación Parcelaria da zona de Oubiña- 2º sector (Cambados-Pontevedra)

Comunícase a todas as persoas interesadas na reestruturación parcelaria da zona de Oubiña, 20 sector ( Cambados-Pontevedra) que, con data 18 de decembro de 2017, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

“A vista do resultado do procedemento de elaboración das Bases de Reestruturación Parcelaria da zona de Oubiña, 2º sector (Cambados-Pontevedra), da recomendación de continuidade de dito procedemento emitida no correspondente informe polo Comité Técnico Asesor e do informe favorable do Servizo provincial de Infraestruturas Agrarias, oída a Xunta Local da zona, ao amparo do disposto polo artigo 26 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia, polo presente acto apróbanse as Bases de Reestruturación Parcelaria da zona de Oubiña, 20 sector (Cambados-Pontevedra). Pola xefatura do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial desta Consellería do Medio Rural en Pontevedra, disporase a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos”

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou da publicación substitutiva.

AVISO APROBACION BASES DE REESTRUTURACION PARCELA . ZONA 2º SECTOR – CAMBADOS- PONTEVEDRA

CLASIFICACION_DE_TERRAS_E_COEFICIENTES_DE_COMPENSACION

POLIGONO_1

POLIGONO_2