PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2018 – APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

XANEIRO 2018 – APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

Outros documentos, notificacións e informacións públicas

APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO CENTRO DE DESENVOLVEMENTO LOCAL

O pleno do Concello de Cambados, en sesión ordinaria celebrada o 26 de abril de 2016, acordou aprobar inicialmente a modificación do Regulamento do Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Cambados (BOPPO nº 15 do 25 de xaneiro de 2016), concretamente a modificación da Exposición de motivos e os artigos 1º, 2º, 4º e 13º segundo a redacción dada polo Concelleiro de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica. De conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 7/1885, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, abriuse un período de información pública por espacio de 30 días para a presentación de reclamacións e suxerencias. Transcurrido o prazo sen haberse presentado reclamación enténdese definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional.

A modificación do presente Regulamento entrará en vigor no prazo de quince días dende a súa publicación no BOPPO e contra a mesma únicamente cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (artigos 10.1.b e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-administrativa).