PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • XANEIRO 2018 – REMATE OBRAS DOTACIÓN DE BIOSAUDABLES AO CARÓN DO PARQUE INFANTIL DE CASTRELO

XANEIRO 2018 – REMATE OBRAS DOTACIÓN DE BIOSAUDABLES AO CARÓN DO PARQUE INFANTIL DE CASTRELO

Nestas datas veñen de rematarse pola Empresa “GLOBALIA URBANISMO INTEGRAL, S.L.”, as obras de “DOTACIÓN DE BIOSAUDABLES AO CARÓN DO PARQUE INFANTIL DE CASTRELO”, financiadas ao 100% con cargo ao Plan Concellos 2016 (PC/2016), ascendendo a un total un importe de 30.809,88 € (IVE incluído) e cunha baixa de 19.190,12 € sobre o prezo de licitación.

O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 5 de xaneiro de 2018.