PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA CORRECCIÓN DE ERROS NA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

DECEMBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA CORRECCIÓN DE ERROS NA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

No proceso de elaboración da ordenanza fiscales reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica produciuse un erro por parte de tesourería municipal consistente na omisión dun tramo da tarifa do imposto correspondente a camións. O texto da ordenanza levado o Pleno de 30 de outubro de 2017 foi o seguinte:
A) Camións
– De menos de 1.000 kilogramos de carga útil: 53,48 euros
– De 1.000 a 2.999 kilogramos de carga útil: 105,36 euros
– De mais de 2.999 kilogramos de carga útil: 187,59 euros Cando o texto que debía ser aprobado polo Pleno do Concello era o que a continuación se mostra.

B) Camións
— De menos de 1.000 kgs. de carga útil : 53,48 euros.
— De 1.000 a 2.999 kgs de carga útil : 105,36 euros.
— De 2.999 a 9.999 kgs. de carga útil : 150,07 euros.
— De mais de 9.999 kgs de carga útil : 187,59 euros.

O erro foi debido ó salto dunha liña ó transcribir a ordenanza que na actualidade se encontra en vigor. Elo debido a que a modificación da ordenanza era unha modificación puramente técnica, que mantiña inalterados todos os aspectos sustantivos e cuantitativos da mesma. Trátase dun erro material na transcripción da ordenanza, que se somete a Pleno para a súa subsanación. Unha vez subsanado o erro realizarase o trámite de exposición ó público durante 30 días hábiles a efectos de presentar alegación, como trámite previo a súa aprobación definitiva, que se fará durante o mes de febreiro de 2018, con efectos desde 1 de enero de 2019. Polo tanto, de cara ó exercicio 2018 continuará en vigor a ordenanza actualmente vixente, respecto da que a ordenanza cuxa corrección se somete a acordo de Pleno no producía modificación algunha de carácter sustantivo ou cuantitativo.

ACORDO DE GOBERNO PARA CORRECCIÓN DE ERROS NA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA