PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2017 – PUBLICIDADE MAQUINARIA PARA SERVIZO DE LIMPEZA MUNICIPAL

DECEMBRO 2017 – PUBLICIDADE MAQUINARIA PARA SERVIZO DE LIMPEZA MUNICIPAL

Pola Excma. Deputación Provincial concedeuse a este Concello unha subvención ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016, por importe de 29.494,75 €, para o subministro de “MAQUINARIA PARA SERVIZO DE LIMPEZA MUNICIPAL” e que foi destinada á adquisición dos investimentos que se relación a continuación:

– SUBMINISTRO DE CAMIÓN CISTERNA PARA BALDEO DE VÍAS PÚBLICAS,  adxudicado á empresa “AUTOMOCIÓN LA JUNQUERA, S.L.” por un importe de 14.425,00 €; de Ive a cantidade de 3.029,25 €, totalizando un importe de 17.454,25 €.

– SUBMINISTRO DE DESBROZADORA DE BRAZO LATERAL, adxudicado á empresa “HITRAF, S.A.”, por un importe de 9.367,77 €; de Ive a cantidade de 1.967,23 €, totalizando un importe de 11.335,00 €.

                         

O que se fai público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria; no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno; e no artigo 151.4 do TRLCSP.