PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • DECEMBRO 2017 – RESOLUCIÓN PROCESO SELECTIVO CONTRATACIÓN PERSOAL DOCENTE CURSOS AFD

DECEMBRO 2017 – RESOLUCIÓN PROCESO SELECTIVO CONTRATACIÓN PERSOAL DOCENTE CURSOS AFD

Resolución do proceso selectivo de contratación de persoal docente para impartir os módulos da acción: Atención sociosanitaria a
persoas no domicilio.

Concedida subvención polo Xefe Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 18 de agosto de 2017 ao abeiro da
Orde do 7 de marzo de 2017 (DOG núm. 59 do 24 de marzo de 2017), pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública
de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade
Autónoma de Galicia, correspondente aos exercicios de 2017 e 2018, e dado que a execución das acción será realizada directamente polo centro ou
entidade beneficiaria sen que poida subcontratar con terceiros (non se considera subcontratación a contratación de persoal docente) procede
seleccionar ao persoal que deba impartir cada un dos módulos.

Por Decreto da Alcaldía de 1 de novembro de 2017 aprobáronse as bases de selección de persoal docente para impartir os módulos da acción: Atención
sociosanitaria a persoas no domicilio.

Vista a proposta realizada polo Tribunal de 13 de novembro de 2017 que quedaba condicionada ao que informase a Delegación da Consellería de
Economía, Emprego e Industria quen mostrou disconformidade con respecto a algún aspirante concreto ao non considerar suficiente a
experiencia profesional con respecto aso módulo a impartir é polo que de conformidade co previsto na base sétima.

DECRETO 2017-0430 [Resolución selección AFD]