PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2017 – FORMALIZACIÓN DO CONTRATO DAS OBRAS DE DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS DO POLÍGONO DE O SALNÉS–CONVENIO DOS CONCELLOS DE CAMBADOS E RIBADUMIA

NOVEMBRO 2017 – FORMALIZACIÓN DO CONTRATO DAS OBRAS DE DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS DO POLÍGONO DE O SALNÉS–CONVENIO DOS CONCELLOS DE CAMBADOS E RIBADUMIA

ANUNCIO CONCELLO DE CAMBADOS

Por resolución da Alcaldía do 19 de outubro de 2017 (Decreto núm. 2017-0304), adxudicouse o contrato das obras de “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO DE O SALNÉS–CONVENIO DOS CONCELLOS DE CAMBADOS E RIBADUMIA” subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Publícase a súa formalización en cumprimento do establecido no artigo 154.2 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora: Organismo: Ilmo. Concello de Cambados; Dependencia que tramita o expediente: Contratación; Número de expediente: 2987/2017; Enderezo da Internet do perfil do contratante: www.cambados.es

2. Obxecto do contrato: Tipo de contrato: obras; CPV (referencia de nomenclatura): 45233140-2; Publicación do anuncio de licitación: BOPPO; Data de publicación: 29 de agosto de 2017.

3. Tramitación e procedemento. Urxente e Aberto

4. Orzamento base de licitación: 172.740,00 euros (Importe neto 142.760,33 euros e 29.979,67 euros de IVE).

5. Formalización del contrato: Data de adxudicación: 19 de outubro de 2017; (Decreto núm. 2017-0304); Data de formalización do contrato: 23/10/20172017; Empresa adxudicataria: MARCONSA, S.L.; Importe ou canon de adxudicación:154.619,57 euros (Importe neto base sen IVE 127.784,77 euros e 26.834,80 euros de IVE).

6. Vantaxes da oferta adxudicataria: unha baixa de 18.120,43 euros e melloras por un importe total de 28.890,00 €, e que consistirán nun axardinamento, por importe de 5.890,00 €, e o subministro unidades de tótem, por un importe de 23.000,00 €.

En Cambados, a 31 de outubro de 2017.