PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • NOVEMBRO 2017 – PUBLICIDADE DO SERVIZO DE CONTRATACIÓN

NOVEMBRO 2017 – PUBLICIDADE DO SERVIZO DE CONTRATACIÓN

Pola empresa EDECO ENERGÍAS, S.L., finalizáronse as obras de “DOTACIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA AO EDIFICIO DE SERVIZOS MUNICIPAIS NA RÚA OURENSE”, que ascenderon a un total importe de 42.592,00 € (Ive engadido) e “DOTACIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA AO EDIFICIO DO AUDITORIO MUNICIPAL NA RÚA SAN FRANCISCO”, que ascenderon a un total importe de 42.350,00 € (Ive engadido)

As obras tiveron senllas axudas económicas do INEGA-FEDER 2014-2020 e Excma. Deputación Provincial que se describen no cadro seguinte:

BIOMASA RÚA OURENSE LICITACIÓN ADXUDICACIÓN
Presuposto contrata 48.380,64 42.592,00
Subvención XUNTA-FEDER 80% 38.704,51 34.073,60
Deputación Provincial PPOS/2015 (*) 20% 9.676,13 8.518,40
(*) A aportación municipal realizarase cunha subvención concedida pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo ao PPOS/2015.

BIOMASA SAN FRANCISCO LICITACIÓN ADXUDICACIÓN
Presuposto contrata 48.380,64 42.350,00
Subvención XUNTA-FEDER 80% 38.704,51 33.880,00
Deputación Provincial PPOS/2015 (*) 20% 9.676,13 8.470,00
(*) A aportación municipal realizarase cunha subvención concedida pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo ao PPOS/2015.

Faise público en cumprimento do disposto pola Resolución do INEGA do 14/03/2017, pola que se establecen a bases reguladoras e se anunciaba a convocatoria de subvencións  para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2017 e, en concreto, polo establecido no artigo 21.7 da mencionada Resolución, que esixe a publicidade en materia de información e comunicación sobre o apoio procedente dos fondos FEDER, recollidos no anexo XII, apartado 2 do Regulamento da (CE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro; igualmente polo establecido na Base 15 das Reguladoras da convocatoria do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.

En Cambados, a 2 de novembro de 2017.