Xurxo Charlín Trigo, concelleiro do Ilmo. Concello de Cambados, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación este ACORDO DE GOBERNO, en base á seguinte
Exposición de motivos
Esta ordenanza é obxecto de unha modificación de carácter técnico, dado que a ordenanza contiña duplicidades e incoherencias coa regulación que deste imposto realiza o TRLRFL. Isto débese a que a ordenanza se limitaba en boa parte a repetir o contido da lei coa deficiencia de non ser actualizada completamente para adaptala ós cambios introducidos na mencionada lei.
Con esta modificación procedeuse a reducir o texto da ordenanza, pasando a regular unicamente aqueles aspectos nos que o texto vixente do TRLRFL permite actuar á potestade regulamentaria das entidades locais. Desta forma a ordenanza fiscal está mais “protexida” ante eventuais modificacións do TRLRFL.
Esta modificación non afecta ó contido cuantitativo e cualitativo ou substantivo e formal da ordenanza.
Á vista do expediente formado, a Concellería de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica, propón que, previo dictame da Comisión de Facenda e Patrimonio, o Pleno da Corporación adopte o seguinte ACORDO de modificación de Ordenanzas fiscais do Concello: