PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

OUTUBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES

Xurxo Charlín Trigo, concelleiro do Ilmo. Concello de Cambados, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación este ACORDO DE GOBERNO, en base á seguinte

                                         

Exposición de motivos

 

Esta ordenanza é obxecto de dous tipos de modificacións:

  1. A) En primeiro lugar, unha modificación de carácter técnico, dado que a ordenanza contiña duplicidades e incoherencias coa regulación que deste imposto realiza o TRLRFL. Isto débese a que a ordenanza se limitaba en boa parte a repetir o contido da lei coa deficiencia de non ser actualizada completamente para adaptala ós cambios introducidos na mencionada lei.

Con esta modificación procedeuse a reducir o texto da ordenanza, pasando a regular unicamente aqueles aspectos nos que o texto vixente do TRLRFL permite actuar á potestade regulamentaria das entidades locais. Desta forma a ordenanza fiscal está mais “protexida” ante eventuais modificacións do TRLRFL.

Esta modificación non afecta ó contido cuantitativo e cualitativo ou substantivo e formal da ordenanza.

  1. B) En segundo lugar, levouse a cabo a modificación dun dos elementos determinantes da cota tributaria, cal é o tipo de gravame do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana. Este pasa do 0,55 ó 0,50.

Agora ben, convén sinalar que esta redución supón un descenso aproximado do padrón do imposto de cara ó ano 2018 de 140.000 € o que pode xerar efectos negativos nas magnitudes orzamentarias do orzamento de 2018 de non producirse compensacións (ven por incremento doutros ingresos ou por diminución de gastos).

Hai que ter en conta que a Concellaría de Facenda habilitou durante o pasado exercicio unha oficina de asesoramento ao contribuínte para declarar voluntariamente as variacións catastrais que puideran afectar aos veciños de Cambados, informando a un total de 1.405 veciños no que, segundo os datos do Concello poden estar obrigados a declarar ou alterar as declaracións existentes no censo catastral, atendendo a 964 veciños e formulándose un total de 725 declaracións voluntarias. Polo que a recadación deste tributo para o vindeiro exercicio non só se debe ter en conta a modificación que poida sufrir o diminuír o tipo de gravame, senón tamén o incremento da base impoñible ao sumar estas novas declaracións voluntarias de alteración catastral emitidas polos contribuíntes no censo catastral, polo que unha vez que se inclúan estas declaracións voluntarias o incremento da base impoñible contribuirá a contrarrestar os ingresos procedentes deste imposto mesmo reducindo o tipo de gravame.

 

Á vista do expediente formado, a Concellería de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica, propón que, previo dictame da Comisión de Facenda e Patrimonio, o Pleno da Corporación adopte o seguinte ACORDO de modificación de Ordenanzas fiscais do Concello:

 

MODIFICAR A ORDENANZA REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES.