PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE RESIDÚOS SÓLIDOS URBANOS

OUTUBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE RESIDÚOS SÓLIDOS URBANOS

Xurxo Charlín Trigo, concelleiro do Ilmo. Concello de Cambados, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación este ACORDO DE GOBERNO, en base á seguinte

                                         

Exposición de motivos

 

Efectuouse unha modificación de carácter técnico por entenderse que se corresponde cunha mellor técnica xurídica a ubicación de conceptos incluídos no artigo 5 (beneficios fiscais) no artigo 6 (cota tributaria), xa que a aplicación de criterios de capacidade económica na determinación da cota tributaria aconsella a introdución dos mesmos no artigo 6.

Á vista do expediente formado, a Concellería de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica, propón que, previo dictame da Comisión de Facenda e Patrimonio, o Pleno da Corporación adopte o seguinte ACORDO de modificación de Ordenanzas fiscais do Concello:

ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE RESIDÚOS SÓLIDOS URBANOS DEFINITIVA