PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA

OUTUBRO 2017 – ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA

Xurxo Charlín Trigo, concelleiro do Ilmo. Concello de Cambados, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación este ACORDO DE GOBERNO, en base á seguinte

                                         

Exposición de motivos

 

A modificación da ordenanza deriva do escrito presentado polo concesionario do servicio de distribución de auga, Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia S.A.U, con entrada no Rexistro Xeral do Concello o día 26 de setembro de 2017, solicitando actualización das tarifas do servizo conforme ó Índice de Prezos ó Consumo, en virtude do disposto na cláusula 30 do prego de cláusulas administrativas particulares do contrato de xestión integral do servizo público de abastecemento de auga potable, mediante concesión administrativa.

O IPC aplicado é o interanual entre o mes de agosto de 2016 e agosto 2017, cumpríndose o intervalo establecido polo Instituto Nacional de Estadística para o cálculo do IPC interanual. Compróbase que, en efecto, o incremento ascendeu ó 1,6%, tal e como sinala o concesionario no seu escrito

Tratándose dunha modificación de ordenanza por actualización do IPC non é necesaria a existencia dun estudio económico financeiro da modificación, tal e como sinala a Sentencia da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo de 10 de maio de 2012.

Debe sinalarse que a actualización desta ordenanza conforme ó IPC non contradí o disposto na Lei 2/2015 de desindexación da economía española, nin o seu regulamento de desenrolo, aprobado por Real Decreto 55/2017. E isto porque, pese a que a Lei ten como obxecto, como sinala o seu artigo 1, o establecemento dun réxime nos que os valores monetarios non sexan modificados en virtude de índices de prezos ou fórmulas que o conteñan, a súa disposición transitoria sinala que “o réxime de revisión de prezos dos contratos incluídos no ámbito de aplicación do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, cuxo expediente de contratación se iniciara antes da entrada en vigor do regulamento de desenrolo da lei, será o que este establecido nos pregos”.

Dado que este é o caso que nos ocupa e que os ingresos a percibir polo concesionario derivan do cobro das tarifas desta taxa, conforme establece a cláusula 29 do prego, enténdese que esta actualización non se opoñe ó establecido na mencionada lei.Á vista do expediente formado, a Concellería de Economía, Facenda, Comercio, Industria e Promoción Económica, propón que, previo dictame da Comisión de Facenda e Patrimonio, o Pleno da Corporación adopte o seguinte ACORDO de modificación de Ordenanzas fiscais do Concello:

ACORDO DE GOBERNO PARA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA.