PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2017 – BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ESTUDO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2017/2018

OUTUBRO 2017 – BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ESTUDO E O TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS 2017/2018

Abrese o prazo para presentar as solicitudes ata o vindeiro 27 de Novembro 

Extracto do Acordo da Xunta de Goberno Local do 04.10.2017, pola que se aproban as Bases reguladoras da convocatoria de axudas para o estudo e o transporte do Concello de Cambados 2017/2018

BDNS(Identif.):367654

De acordo co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Beneficiarios

Colectivos con carencias económicas e familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados, que cumpran os requisitos fixados na base segunda da convocatoria.

Segundo. Obxecto

É obxecto das subvencións establecer un réxime compensatorio de carácter social destinado a colectivos con carencias económicas, co obxecto de paliar os gastos que supón a escolarización pública e formación universitaria en familias con menos recursos económicos do Concello de Cambados.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión destas subvencións foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local o 04.10.2017 e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 199 do día 17.10.2017.

Cuarto. Contía da axuda

Para o financiamento deste programa de axudas establécese crédito en contía máxima de 18.000,00 euros na aplicación 320.481.00 do Orzamento do Concello de Cambados para o exercicio 2017. De acordo co mesmo, a concesión das axudas queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.

A determinación da contía individualizada de cada subvención resultará da puntuación obtida tras a aplicación dos criterios e contías máximas establecidos nas bases da convocatoria.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO na forma e termos previstos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

Sexto. Outros datos

As solicitudes de subvención presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, segundo os formularios que figuran nas Bases da convocatoria

Cambados, a 23 de octubre de 2017.