PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • OUTUBRO 2017 – ANÚNCIO CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

OUTUBRO 2017 – ANÚNCIO CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

ANUNCIO do 4 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto da prolongación da rúa Pacheca ata a confluencia coa rúa do Castro, no núcleo urbano de Cambados (Pontevedra), promovido polo concello de Cambados (expediente 2017/0085).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 2 de outubro de 2017 relativo ao proxecto da prolongación da rúa Pacheca ata a confluencia coa rúa do Castro, no núcleo urbano de Cambados (Pontevedra), promovido polo concello de Cambados.

Este informe pódese consultar na ligazón:

http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático