Por Resolucións desta Alcaldía, de data 23/10/2017, adxudicáronse á empresa “EDECO ENERGÍAS, S.L.“, os contratos menores das obras de;
1.- “DOTACIÓN DE CALDEIRA DE BIOMASA EDIFICIO ADMINISTRATIVO RÚA OURENSE”, por importe de 42.592,00 € (Ive incluído), cunha baixa de 5.788,64 € sobre o prezo de licitación (48.380,64 €).
2.- “DOTACIÓN DE CALDEIRA DE BIOMASA EDIFICIO DO AUDITORIO MUNICIPAL RÚA SAN FRANCISCO”, por importe de 42.350,00 € (Ive incluído), cunha baixa de 6.030,64 € sobre o prezo de licitación (48.380,64 €).
Ámbalas obras atópanse financiadas pola Xunta de Galicia (INEGA) – FEDER-Galicia 2014-2020(80%) e pola Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, con cargo ao PPOS/2015 (20%).
O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP; polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de transparencia, acceso a información pública e bo goberno; polo establecido no artigo 24 g) da Resolución do 14/03/2017 do INEGA pola que se establecen as bases reguladoras para proxectos de equipamentos térmicos de Biomasa, en relación coa obrigatoriedade de dar publicidade aos apoios procedentes dos fondos FEDER; e, o establecido na base décimo quinta das Bases Reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015, da Excma. Deputación Provincial.
En Cambados, 23 de outubro de 2017.