PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

SETEMBRO 2017

ANUNCIO LICITACIÓN DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (VEIGA E FONTE DO COUTO)

Por medio da presente infórmase que se procede á licitación do contrato menor das obras de “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (VEIGA E FONTE DO COUTO)“.

Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 16 de outubro de 2017 (luns),en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica.

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

PRESUPOSTO DAS OBRAS:

Segundo o importe sinalado no proxecto redactada polo Técnico Municipal, ascenden a:

DENOMINACIÓN Total 21% IVE TOTAL CONTRATA
Dotación de infraestruturas no T.M. de Cambados (Veiga e Fonte do Couto 20.018,78 4.203,95 24.222,73

FINANCIAMENTO.

O presente contrato financiaranse integramente con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2017 (Plan Concellos 2017),  da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZOS DOS CONTRATOS.

1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

PUBLICIDADE.

Os gastos dos carteis de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN.

O único criterio será o do menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.

A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.

FIANZA.

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

 

ANUNCIO LICITACIÓN PARA A CONSTRUCCIÓN DUN PARQUE INFANTIL EN BELECO

Por medio da presente infórmase que se procede á licitación do contrato menor das obras de “PARQUE INFANTIL EN BELECO”.

Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 13 de outubro de 2017 (venres), en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B:

Conterá a oferta económica, coa descrición dos equipos ofertados.

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

PRESUPOSTO DAS OBRAS:

Segundo o importe sinalado no proxecto redactada polo Técnico Municipal, ascenden a:

DENOMINACIÓN Total 21% IVE TOTAL CONTRATA
PARQUE INFANTIL EN BELECO 28.925,62 6.074,38 35.000,00

FINANCIAMENTO.

O presente contrato financiaranse integramente con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2017 (Plan Concellos 2017), da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZOS DOS CONTRATOS.

1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

PUBLICIDADE

Os gastos dos carteis de obra serán a cargo da empresa adxudicataria e o modelo a empregar será o establecido pola Excma. Deputación Provincial para o indicado Plan.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

O único criterio será o do menor prezo de realización das obras sobre o prezo previsto na licitación.

A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.

FIANZA

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

En Cambados, 26 de setembro de 2017.

 

 

ACTA DA MESA DE CONTRATACIÓN, CELEBRADA O 22/09/2017, APERTURA SOBRES B) E FORMULACIÓN DE PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN

En arquivo adxunto únese a Acta da Mesa de Contratación, celebrada o pasado venres, día 22 de setembro de 2017, na que se procedeu a apertura dos SOBRES B) e á formulación de proposta de adxudicación das obras de “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO DE O SALNÉS – CAMBADOS-RIBADUMIA“,  a favor da empresa MARCONSA, S.L.

Cambados, 25 de setembro de 2017.

Servizo de Contratación.

 

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE REFORMA DA PISCINA

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou esta mañá en Cambados o proxecto de reforma da piscina municipal. As obras consistirán no cambio da cuberta e redundarán nunha mellora da climatización das instalacións e un notable cambio estético. A cúpula que actualmente cobre o vaso será retirada e no seu lugar levantarase unha estrutura de dous volumes, acristalada e de obra. A Diputación prevé adxudicar os traballos a finais de ano e o prazo de execución dos mesmos é de once meses, aínda que Silva anunciou que estes prazos posiblemente póidanse acurtar. Esta intervención ten un orzamento de 900.000 euros, que financia a Deputación.

Carmela Silva incidiu en que o proxecto que herdou a administración provincial da etapa de Rafael Louzán non cumpría os requisitos legais e cualificouno de «despropósito», por iso é polo que houbese que iniciar prácticamente de cero a redacción e, en consecuencia, atrasásese toda a tramitación. «Por fin Cambados vai ter unha piscina á altura deste pobo. Algo que parece un invernadoiro vaise converter nunha piscina que corresponde ao século XXI», sinalou.

Mentres duren as obras, pecharase a piscina e a zona de SPA, non así o ximnasio, a zona polivalente e os vestuarios. Os usuarios que o desexen poderán facer uso da piscina de Vilagarcía, que está xestionada pola mesma empresa.

SUBSTITUCION DE ENVOLVENTE E ACTUALIZACION DAS INSTALACIONS DA PISCINA CLIMATIZADA

 

SELECCIÓN ALUMNADO-TRABALLADOR PARTICIPANTES NO OBRADOIRO DE EMPREGO

Actas do órgano de selección para a contratación temporal de persoal para o Proceso de Selección de Traballadores-Participantes do Obradoiro de Emprego “Renovación urbana e medioambiental Cambados, Cidade Europea do Viño”.

LISTADO SELECCIÓN ALUMNADO-TRABALLADOR OBRADOIRO DE EMPREGO

ANUNCIO LICITACIÓN DE OBRAS DOTACIÓN CALDEIRA DE BIOMASA PARA O EDIFICIO DO AUDITORIO MUNICIPAL RÚA SAN OURENSE

Por medio da presente infórmase que se procede á licitación do contrato menor das obras de “DOTACIÓN DE CALDEIRAS BIOMASA PARA O EDIFICIO DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS DA RÚA OURENSE”.

Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 2 de outubro de 2017 (luns), en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B:

1.- Oferta económica; e,

2º.- Anexo de características técnicas dos equipos ofertados.

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

PRESUPOSTO DAS OBRAS:

O que figura no proxecto redactado polo Enxeñeiro Técnico Industrial, D. José Jorge Núñez Casal e que se transcribe seguidamente:

 

DENOMINACIÓN Total 21%

IVE

TOTAL

CONTRATA

Dotación caldeira de biomasa ao edificio de servizos administrativos da Rúa Ourense. 39.984,00 8.396,64 48.380,64

 

REQUISITOS TÉCNICOS QUE DEBERÁN REUNIR AS CALDEIRAS DE BIOMASA QUE SE OFERTEN:

Xustificación:

Deberá cumprir na súa totalidade as características técnicas que se esixen e máxime tendo en conta que as caldeiras irán situadas en salas de caldeiras existentes e as instalacións novas terán que adaptarse ás mesmas de forma que se evite no posible a necesidade de acometer obras de grande envergadura e un exemplo destas sería a construción de novas chemineas. Para as caldeiras propostas, verificouse mediante cálculos que as chemineas existentes serían válidas tecnicamente en canto a dimensións mínimas para garantir o perfecto funcionamento das caldeiras, aínda que de forma moi axustada, co que non se podería asegurar que outra caldeira sexa válida para as chemineas existentes.

Realizarase a instalación dun sistema tándem, formado por 2 caldeiras de pellets, cunha potencia mínima unitaria de 56 kW da marca Okofen, Viessmann, Guntamatic, ou similar e unha potencia conxunta de polo menos 112 kW.

• Caldeira con 3 pasos de fumes.

• Sistema de combustión con limpeza automática do queimador.

• Aire primario e secundario de combustión.

• Acendido automático.

• Sistema antirretorno de chama con peche hermético. Dito sistema debe realizar un corte

físico 100% estanco entre o queimador e a tolva de recepción de pellets en caso de

anomalía no sistema.

• Control da presión de cámara de combustión e control de ventilador de fumes, así como

alimentación de combustible, modificando automaticamente os parámetros necesarios en

caso de cambiar la calidade do combustible e as condicións de tiro da cheminea en

función de la climatoloxía exterior (temperatura, vento…)

• Control da entrada de pellets ao queimador mediante sensor capacitivo.

• Sistema de limpeza:

– Sistema de limpeza automático de intercambiadores de calor, mediante sistema

mecánico formado por motor, biela y turbuladores.

– Sistema de recollida automático de cinzas, formado por sistema extractor y cinceiro

exterior que permita o vaciado de cinzas sen necesidade de apagar a caldeira ou abrir a

porta da cámara de combustión.

– Para evitar posibles problemas na evacuación de auga con condensados derivados da combustión e para contribuír a unha redución de consumo de agua quedan excluídos

aqueles equipos que usen auga para o sistema de limpeza dos intercambiadores da caldeira.

• Potencia modulante dende 18 kW ata 56 kW.

• Rendemento> 91% sobre PCI.

• Illamento: 10 cm en la de roca.

• Sistema de telexestión integrado.

• Sistema de alimentación de pellets independente para cada caldeira.

• Control de caldeira mediante autómata montado en fábrica, cableado e probado.

• A caldeira debe estar fabricada conforme a la Norma UNE-EN 303-5.

• A posta en marcha da caldeira deberá ser realizada por un técnico oficial do fabricante

da caldeira, sendo de obrigado cumprimento rechear os valores do primeiro arrancado,

presentando o certificado oficial do técnico ao director da obra, quedando rexistrado e

arquivado o certificado.

 

FINANCIAMENTO:

Investimento Xunta/Feder Aportación Municipal: subvención solicitada á

Excma. Deputación Provincial PPOS/2015 (*)

48.380,64 38.704,51 9.676,13
(*) A adxudicación queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financialas obrigas derivadas do contrato e, en concreto, a concesión dunha subvención pola Excma. Deputación Provincial, por importe de 9.676,13 €, para facer fronte a aportación municipal ao investimento.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.

1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

PUBLICIDADE

Os gastos do cartel de obra serán a cargo da empresa adxudicataria. Os modelos a empregar serán os establecidos para investimentos financiados por fondos FEDER e polo Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Excma. Deputación Provincial.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

1.- Menor prezo sobre o previsto na licitación: ata 60 puntos.

Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prezo fixado no proxecto. As ofertas que non presenten redución de oferta obterán 0 puntos.

Para as ofertas restantes os puntos obteranse aplicando unha fórmula de tres simple directa.

 

2.- Proposta de redución de prazos: ata 40 puntos, deberá vir acompañada do cronograma xustificativo da proposta. Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prazo de execución fixado no proxecto. As ofertas que non presenten redución de prazo ou non aporten o cronograma xustificativo obterán 0 puntos.

A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.

FIANZA

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

En Cambados, 21 de setembro de 2017.

 

ANUNCIO LICITACIÓN DE OBRAS DOTACIÓN CALDEIRA DE BIOMASA PARA O EDIFICIO DO AUDITORIO MUNICIPAL RÚA SAN FRANCISCO

Por medio da presente infórmase que se procede á licitación do contrato menor das obras de “DOTACIÓN DE CALDEIRAS BIOMASA PARA O EDIFICIO DO AUDITORIO MUNICIPAL RÚA SAN FRANCISCO”.

Tódalas empresas que estean interesadas en tomar parte no procedemento de contratación, deberán presentar a súas proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 2 de outubro de 2017 (luns), en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres.

No caso de presenta-la documentación por correo certificado con selo de fechas, deberán comunica-lo envío ao fax 986524866 ou ben a través da sede electrónica cambados.sedelectronica.gal

Deberán aporta-la documentación seguinte:

SOBRE A:

De conformidade co establecido no artigo 146.4 do TRLCSP o licitador deberá presentar unha declaración responsable indicando que cumpren coas condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

SOBRE B:

1.- Oferta económica; e,

2º.- Anexo de características técnicas dos equipos ofertados.

ANEXO I

CADRO DE CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS.

PRESUPOSTO DAS OBRAS:

O que figura no proxecto redactado polo Enxeñeiro Técnico Industrial, D. José Jorge Núñez Casal e que se transcribe seguidamente:

DENOMINACIÓN Total 21% IVE TOTAL

CONTRATA

Dotación caldeira de biomasa ao edificio de servizos administrativos da Rúa Ourense. 39.984,00 8.396,64  48.380,64

REQUISITOS TÉCNICOS QUE DEBERÁN REUNIR AS CALDEIRAS DE BIOMASA QUE SE OFERTEN:

Xustificación:

Deberá cumprir na súa totalidade as características técnicas que se esixen e máxime tendo en conta que as caldeiras irán situadas en salas de caldeiras existentes e as instalacións novas terán que adaptarse ás mesmas de forma que se evite no posible a necesidade de acometer obras de grande envergadura e un exemplo destas sería a construción de novas chemineas. Para as caldeiras propostas, verificouse mediante cálculos que as chemineas existentes serían válidas tecnicamente en canto a dimensións mínimas para garantir o perfecto funcionamento das caldeiras, aínda que de forma moi axustada, co que non se podería asegurar que outra caldeira sexa válida para as chemineas existentes.

Realizarase a instalación dun sistema tándem, formado por 2 caldeiras de pellets, cunha potencia mínima unitaria de 56 kW da marca Okofen, Viessmann, Guntamatic, ou similar e unha potencia conxunta de polo menos 112 kW.

• Caldeira con 3 pasos de fumes.

• Sistema de combustión con limpeza automática do queimador.

• Aire primario e secundario de combustión.

• Acendido automático.

• Sistema antirretorno de chama con peche hermético. Dito sistema debe realizar un corte

físico 100% estanco entre o queimador e a tolva de recepción de pellets en caso de

anomalía no sistema.

• Control da presión de cámara de combustión e control de ventilador de fumes, así como

alimentación de combustible, modificando automaticamente os parámetros necesarios en

caso de cambiar la calidade do combustible e as condicións de tiro da cheminea en

función de la climatoloxía exterior (temperatura, vento…)

• Control da entrada de pellets ao queimador mediante sensor capacitivo.

• Sistema de limpeza:

– Sistema de limpeza automático de intercambiadores de calor, mediante sistema

mecánico formado por motor, biela y turbuladores.

– Sistema de recollida automático de cinzas, formado por sistema extractor y cinceiro

exterior que permita o vaciado de cinzas sen necesidade de apagar a caldeira ou abrir a

porta da cámara de combustión.

– Para evitar posibles problemas na evacuación de auga con condensados derivados da combustión e para contribuír a unha redución de consumo de agua quedan excluídos

aqueles equipos que usen auga para o sistema de limpeza dos intercambiadores da caldeira.

• Potencia modulante dende 18 kW ata 56 kW.

• Rendemento> 91% sobre PCI.

• Illamento: 10 cm en la de roca.

• Sistema de telexestión integrado.

• Sistema de alimentación de pellets independente para cada caldeira.

• Control de caldeira mediante autómata montado en fábrica, cableado e probado.

• A caldeira debe estar fabricada conforme a la Norma UNE-EN 303-5.

• A posta en marcha da caldeira deberá ser realizada por un técnico oficial do fabricante

da caldeira, sendo de obrigado cumprimento rechear os valores do primeiro arrancado,

presentando o certificado oficial do técnico ao director da obra, quedando rexistrado e

arquivado o certificado.

FINANCIAMENTO:

Investimento Xunta/Feder Aportación Municipal: subvención solicitada á

Excma. Deputación Provincial PPOS/2015 (*)

48.380,64 38.704,51 9.676,13
(*) A adxudicación queda sometida á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente para financialas obrigas derivadas do contrato e, en concreto, a concesión dunha subvención pola Excma. Deputación Provincial, por importe de 9.676,13 €, para facer fronte a aportación municipal ao investimento.

FORMA DE PAGO

A entidade adxudicataria emitirá certificación/factura polo importe dos traballos realizados.

No caso de tratarse dunha entidade obrigada a emitir factura electrónica de conformidade co sinalado no artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do Rexistro Contable de Facturas no Sector Público, deberá presenta-las facturas electrónicas a través da seguinte dirección de internet:

O código DIR do Concello de Cambados é L01360062.

Os códigos DIR3 de este Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa son:

·Código da oficina contable: L01360062 – OC

·Código do órgano xestor: L01360062 – OG

·Código da unidade tramitadora: L01360062 – UT

O pago efectuarase por transferencia bancaria no prazo de 30 días dende a data de aprobación das certificacións de obra, de conformidade co sinalado no artigo 216.4 do TRLCSP.

PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.

1 MES dende a sinatura da acta de comprobación do replanteo.

PUBLICIDADE

Os gastos do cartel de obra serán a cargo da empresa adxudicataria. Os modelos a empregar serán os establecidos para investimentos financiados por fondos FEDER e polo Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 da Excma. Deputación Provincial.

CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

1.- Menor prezo sobre o previsto na licitación: ata 60 puntos.

Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prezo fixado no proxecto. As ofertas que non presenten redución de oferta obterán 0 puntos.

Para as ofertas restantes os puntos obteranse aplicando unha fórmula de tres simple directa.

2.- Proposta de redución de prazos: ata 40 puntos, deberá vir acompañada do cronograma xustificativo da proposta. Obterá a máxima puntuación a oferta que presente unha maior redución sobre o prazo de execución fixado no proxecto. As ofertas que non presenten redución de prazo ou non aporten o cronograma xustificativo obterán 0 puntos.

A estes efectos o carácter desproporcionado ou anormal das ofertas, poderá apreciarse de acordo cos parámetros obxectivos establecidos regulamentariamente.

FIANZA

O adxudicatario do contrato deberá presentar unha fianza equivalente ao 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

En Cambados, 21 de setembro de 2017.

ANUNCIO ADXUDICACIÓN DE OBRAS

Por Resolución desta Alcaldía de data 21/09/2017, adxudicouse á empresa “CONSTRUCCIONES 3 TORRES 2010, S.L.”, o contrato menor das obras de “ADECUACIÓN DO QUIOSCO DO PAZO DE TORRADO”, por importe de 13.790,00 € (Ive incluído), cunha baixa de 6.210,00 € sobre o prezo de licitación 20.000,00 € (Ive incluído).A indicada obra finánciase pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Concellos 2016.O que se fai público en cumprimento do artigo 151.4 do TRLCSP e polo disposto no artigo 81.3 a) da Lei 19/2013, de 9 de novembro de Transparencia, Acceso á información pública e Bo goberno.En Cambados, 21 de setembro de 2017.

PUBLICIDADE SERVICIO CONTRATACIÓN

Finalizadas as obras de DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO T.M. DE CAMBADOS (Modia, Lourido e Covas de Lobos)”, subvencionadas ao 100% pola Excma. Deputación Provincial con cargo ao Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/2015), foron executadas pola empresa adxudicataria “FONTEFRÍA, S.L.“, por un importe de 28.381,31 € (IVE incluído), cunha baixa de 13.979,35 €, faise público en cumprimento do disposto na Base 15 das Reguladoras da convocatoria e no artigo 8.1. a) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información e bo goberno.En Cambados, 19 de setembro de 2017.

LISTAXE PROVISIONAL PROCESO SELECCIÓN DO PERSOAL E DE TRABALLADORES-PARTICIPANTES OBRADOIRO

Actas do órgano de selección e baremos para a contratación temporal de persoal para o Proceso de Selección do persoal directivo, docente, persoal de apoio e de Traballadores-Participantes do Obradoiro de Emprego “Renovación urbana e medioambiental Cambados, Cidade Europea do Viño”.

LISTADO PROVISIONAL OBRADOIRO DE EMPREGO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E DE APOIO

LISTADO PROVISIONAL OBRADOIRO DE EMPREGO TRABALLADORES-PARTICIPANTES

BAREMO DE SELECIÓN DO ALUMNADO DO OBRADOIRO 2017

DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO DE O SALNÉS – CAMBADOS-RIBADUMIA

En arquivo adxunto publícase a Acta da Mesa de Contratación, celebrada na mañá de hoxe, día 18/09/2017, ás 13.30 horas, relativas ao expediente de contratación das obras de “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NO POLÍGONO DE O SALNÉS – CAMBADOS-RIBADUMIA”, na que se aperturaron os sobres A) e se resolveu admitir á licitación a tódalas empresas participantes no procedemento.

Así mesmo quedan convocadas tódalas empresas para a apertura dos SOBRES B), para o vindeiro venres, día 22/09/2017, ás 13.30 horas, no Salón de Sesións da Casa Consistorial.

En Cambados, 18 de setembro de 2017, a Secretaria da Mesa de Contratación.

 

ADECUACIÓN DO QUIOSCO DE TORRADO

Nos enlaces que se xuntan publícanse os documentos relativos á apertura dos SOBRES A) Documentación Xeral e SOBRES B) Oferta económica das empresas que concorreron á licitación do contrato menor das obras de “ADECUACIÓN DO QUIOSCO DE TORRADO“, e o informe do Técnico Municipal no que se valoran as ofertas económicas e se formula proposta de adxudicación a favor da empresa “CONSTRUCCIONES 3 TORRES 2010, S.L.”

Cambados, 11 de setembro de 2017. Servizo de Contratación.

 

RELACIÓN GASTOS E INGRESOS FESTA DO ALBARIÑO

Atendendo ao compromiso asumido de transparencia polo Goberno de Cambados de facer públicos as facturas de gastos e ingresos da celebración da LXV Festa do Albariño, xúntanse a continuación os arquivos co desglose de gastos das facturas aprobadas a día de hoxe, ademais dos gastos e facturas das anteriores edicións de maneira que se poidan comprobar as diferenzas de gastos entre as distintas edicións, tamen se actualizan os gastos do exercicio 2016 unha vez que se recibiron as facturas da totalidade dos gastos realizados, así como os Convidados e asistentes o Xantar do Albariño e unha comparativa cos últimos anos.

RELACIÓN DE GASTOS E INGRESOS FESTA ALBARIÑO 2017

RELACIÓN DE GASTOS FESTA DO ALBARIÑO 2016

RELACIÓN DE GASTOS FESTA DO ALBARIÑO 2015

RELACIÓN DE GASTOS FESTA DO ALBARIÑO 2014

RELACIÓN DE GASTOS FESTA DO ALBARIÑO 2013

REALCIÓN DE GASTOS FASTA DO ALBARIÑO 2012

RELACIÓN DE GASTOS FESTA DO ALBARIÑO 2010

INVITADOS XANTAR ALBARIÑO 2007-2017

EXPOSICIÓN PÚBLICA AUGAS DE GALICIA VIV. UNIF. VILARIÑO

SERVIZO TERRITORIAL DE AUCAS DE GALICIA
INFORMACIÓN PÚBLICA
ANUNCIO

Julio José Chaves Fernández solicita de Augas de Galicia co CIF: Q1500378C, a autorización de obras no lugar de Quintáns, parroquia de Vilariño (Santo Adrián), Concello de Cambados  (Pontevedra). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W36.59107

As obras solicitadas consisten na construción de vivenda unifamiliar nas parcelas 404, 405 e 406 do polígono 18, de planta baixa de 203,79 m2 de superficie, altura máxima 7 m. sobre rasante, a unha distancia mínima de 60 m. do dominio público hidráulico, no lugar de Quintás, parroquia Vilariño, concello de Cambados (Pontevedra).

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cambados ou nas oficinas deste servizo, situadas na R/ San Salvador, 2-40 onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA SOLICITUDE LEGALIZACIÓN VIVIENDA UNIFAMILIAR

EXPOSICIÓN PÚBLICA AUGAS DE GALICIA VIV. UNIF. CASTRELO

SERVIZO TERRITORIAL DE AUCAS DE GALICIA

INFORMACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO

Mª  Gardenia Otero Cores solicita de Augas de Galicia a legalización de obras no lugar de Baltar, parroquia de Castrelo (Santa Cruz), Concello de Cambados (Pontevedra). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art, 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W36.54896

As obras solicitadas consisten na legalización de vivenda unifamiliar de planta baixa e 1º andar, con superficies construidas 135,05 m2 e 90,05 m2 altura máxima 7,0 m. sobre rasante, e fosa séptica a unha distancia de 66 m. a casa e 48 m. a fosa do Rego de Tabueiros, na parcela 362 do polígono 25, no lugar de Baltar, parroquia Castrelo, concello Cambados (Pontevedra).

O que se faí público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cambados ou nas oficinas deste servizo, situadas na R/ San Salvador, 2-40 onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA SOLICITUDE LEGALIZACIÓN VIVIENDA UNIFAMILIAR

EXPOSICIÓN PÚBLICA DE ACORDO INICIO EXPEDIENTE SANCIONADOR SANIDADE

Achega a Consellería de Sanidade para a súa exposición no taboleiro de anuncios dese concello, a cédula de notificación do acordo de inicio do expediente sancionador núm 2017296AL-PO, incoado a Elisardo del Rio Cores, como titular do establecemento El Rincón de Manuela, e con enderezo na rúa Pontevedra núm. 4 20 D, de Cambados, despois de acordo por dúas veces no último enderezo coñecido.

Todo de conformidade co dlsposto no artígo 44 da Lei 332015, do 1 de Outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, para os efectos do disposto no artigo 40 da Lei 39/2015. Durante un prazo de 15 días hábiles.

Notificación do acordo de inicio do expediente sancionador núm. 2017296AL-PO