PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2017 – EXPOSICIÓN PÚBLICA AUGAS DE GALICIA VIV. UNIF. VILARIÑO

SETEMBRO 2017 – EXPOSICIÓN PÚBLICA AUGAS DE GALICIA VIV. UNIF. VILARIÑO

SERVIZO TERRITORIAL DE AUCAS DE GALICIA
INFORMACIÓN PÚBLICA
ANUNCIO

Julio José Chaves Fernández solicita de Augas de Galicia co CIF: Q1500378C, a autorización de obras no lugar de Quintáns, parroquia de Vilariño (Santo Adrián), Concello de Cambados  (Pontevedra). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W36.59107

As obras solicitadas consisten na construción de vivenda unifamiliar nas parcelas 404, 405 e 406 do polígono 18, de planta baixa de 203,79 m2 de superficie, altura máxima 7 m. sobre rasante, a unha distancia mínima de 60 m. do dominio público hidráulico, no lugar de Quintás, parroquia Vilariño, concello de Cambados (Pontevedra).

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cambados ou nas oficinas deste servizo, situadas na R/ San Salvador, 2-40 onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA SOLICITUDE LEGALIZACIÓN VIVIENDA UNIFAMILIAR