PORTAL DE TRANSPARENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS

  • Home
  • /
  • SETEMBRO 2017 – EXPOSICIÓN PÚBLICA AUGAS DE GALICIA VIV. UNIF. CASTRELO

SETEMBRO 2017 – EXPOSICIÓN PÚBLICA AUGAS DE GALICIA VIV. UNIF. CASTRELO

SERVIZO TERRITORIAL DE AUCAS DE GALICIA

INFORMACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO

Mª  Gardenia Otero Cores solicita de Augas de Galicia a legalización de obras no lugar de Baltar, parroquia de Castrelo (Santa Cruz), Concello de Cambados (Pontevedra). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art, 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W36.54896

As obras solicitadas consisten na legalización de vivenda unifamiliar de planta baixa e 1º andar, con superficies construidas 135,05 m2 e 90,05 m2 altura máxima 7,0 m. sobre rasante, e fosa séptica a unha distancia de 66 m. a casa e 48 m. a fosa do Rego de Tabueiros, na parcela 362 do polígono 25, no lugar de Baltar, parroquia Castrelo, concello Cambados (Pontevedra).

O que se faí público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cambados ou nas oficinas deste servizo, situadas na R/ San Salvador, 2-40 onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA SOLICITUDE LEGALIZACIÓN VIVIENDA UNIFAMILIAR